Piarda común

Peixe de corpo alongado e delgado, algo comprimido. Boca grande e protáctil. O corpo ten un aspecto escamoso, translúcido, cunha cor verdosa ou azulada e prateado iridescente no ventre e laterais. A talla máxima é de 20 centímetros. Atópase en augas litorais e pouco profundas, onde forma grandes bancos. Aliméntase de zooplancto (copépodos). Reprodúcese na primavera e verán. É unha especie frecuente no Atlántico desde Dinamarca ata Marrocos.
Datos da especie
- Código FAO: ATP
- Nome científico:Atherina presbyter
- Nome galego: Piarda común
- Nome castelán: Abichón
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal