FacebookTwitter

Confraría de pescadores "San Cipriano" de Aldán - Hío

Lonxa de Aldán - Hío

A Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán-Hío, situada no peirao de Aldán (Cangas do Morrazo), conta con máis de 30 anos de vida. A Ría de Aldán é un entorno natural de gran beleza, salpicado de fermosas praias e cunhas augas ricas en peixes e mariscos saborosos e de calidade. A súa frota está composta por embarcacións de pequeno e mediano tamaño, dedicadas á pesca artesanal nas súas diferentes modalidades: nasas polbo, liña, miños, marisqueo a frote... Tamén forman parte da Confraría a agrupación de mariscadoras a pé e a agrupación de navalleiros.