FacebookTwitter

Escarapote de pintas

Escarapote de pintas Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Especie de cabeza grande fortemente armada de espiñas. De cor acastañada ou pardo verdosa escura, e en ocasións con tinturas vermellas. Pode chegar ata os 25 centímetros aínda que comunmente mide arredor de 15 centímetros. Trátase dunha especie bentónica e litoral. De costumes solitarios, atópase en fondos rochosos ou cubertos de algas pouco profundos, ata os 800m de profundidade. Aliméntase de pequenos peixes, crustáceos e outros invertebrados. Distribúese polo Atlántico oriental e no Mediterráneo. Péscase con trasmallos e palangre de fondo.

Datos da especie

  • Código FAO: BBS
  • Nome científico:Scorpaena porcus
  • Nome galego: Escarapote de pintas
  • Nome castelán: Rascacio
  • Grupo biolóxico: Peixes
Escarapote de pintas
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal