Barbada de area

Teñen un corpo longo e áxil para agocharse debaixo das pedras. O máis rechamante desta especie é a barbicha e os bigotes. Tamaño en torno aos 60 centímetros.
Son abundantes no litoral galego. Viven en pouco fondo e aliméntanse de crustáceos e peixes pequenos. Péscanse con liñas. Tamén se pescan en ocasións con nasa ou ao enmalle.
A barbada é un peixe de calidade extraordinaria. A súa propia alimentación propicia a personalidade do seu sabor: un peixe que sabe a marisco. Mágoa que non abunde no mercado porque o prezo é moi accesible. Frita, en caldeirada ou en guiso é deliciosa. Hai que probar a empanada de mariola ao gusto do Son. As semiconservas son tamén, neste caso, todo un desafío.
Datos da especie
- Código FAO: GGD
- Nome científico:Gaidropsarus mediterraneus
- Nome galego: Barbada de area
- Nome castelán: Bertorella
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalos
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.