Lisa

Ten o corpo alongado, cilíndrico e musculoso coa cabeza ancha e a boca pequena co beizo superior ben desenvolvido. Carece de liña lateral. A cola é potente e con forma de forquilla. De cor gris azulada no dorso e ventre prateada. Pode alcanzar os 60 cm de lonxitude.
Bo nadador, móvese en bancos preto da costa. Os adultos viven permanentemente no mar. Aliméntase de algas e pequenos invertebrados.. Reprodúcese no inverno, de novembro a abril.
Está presente en todas as costas peninsulares e distribúese dende o Mediterráneo ao Atlántico, desde Noruega a Senegal
Datos da especie
- Código FAO: MLR
- Nome científico:Chelon labrosus
- Nome galego: Lisa
- Nome castelán: Lisa
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 20 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal