Raia coreada

Bordes anteriores sinuosos e rostro curto. Os ollos son pequenos. A cara dorsal está cuberta de dentículos na parte anterior. Unha liña de 50 espiñas, pequenas e ganchudas, exténdese dende a nuca á primeira aleta dorsal; a cola tamén mostra unha fileira de espiñas a cada lado. A parte dorsal é grisácea ou parda con manchas e bandas claras. Pode alcanzar os 80 cm de lonxitude.
Vive en fondos pouco profundos ata os 100 m. Distribúese polas costas atlánticas, dende Marrocos ata as illas Británicas e non está presente no Mediterráneo.
Datos da especie
- Código FAO: RJE
- Nome científico:Raja microocellata
- Nome galego: Raia coreada
- Nome castelán: Raya de ojos
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo: 40 cm
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiras ou soamente as ás