Mero

Trátase dun serránido robusto e macizo que pode chegar aos 2 metros de lonxitude. Cando é adulto é un peixe bentónico, solitario que pode atoparse a grandes profundidades (40-450 m). Os exemplares novos son epipeláxicos e asócianse en grupos. Distribúese tanto polo Atlántico como polo Mediterráneo. Captúrase con palangre de fondo. A súa carne é excelente e por iso moi apreciada.
Datos da especie
- Código FAO: WRF
- Nome científico:Polyprion americanus
- Nome galego: Mero
- Nome castelán: Cherna
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal