FacebookTwitter

Bertorella de lama

Bertorella de lama

Peixe de corpo longo e afiado que lle permite agocharse entre as pedras. Son características as súas barbas. Poden chegar a alcanzar unha lonxitude de un metro. Reprodúcense na primavera e inicio do verán.

Viven en fondos de area ou lama entre os 20 e os 600 metros. Comen peixes de fondo, crustáceos, moluscos, ...

A nosa flota captúraas ao arrastre ou con aparello de anzol. Aínda que no mercado é moi frecuente atopala en fresco, e máis común atopala conxelada. Dispoñible todo o ano.

Teñen unha carne moi delicada (hai que eviscerala a bordo nada máis pescala). É un peixe moi branco e carnoso do que se pode aproveitar todo. Se o filetea, obterá unhas pezas moi xeitosiñas para fritir ou para facer á grella con algunha outra especie, e poderá aproveita-lo espiñazo para darlle gusto a un caldo de peixe. Próbeas tamén en caldeirada ou en guisos con ameixas.

<

Datos da especie

  • Código FAO: GFB
  • Nome científico:Phycis blennoides
  • Nome galego: Bertorella de lama
  • Nome castelán: Brótola de fango
  • Grupo biolóxico: Peixes
Bertorella de lama
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal