Vostede está aquí

Receitas

Sanmartiño estilo La Viuda

O sanmartiño, é un delicioso peixe que vale a pena probar se o atopamos na nosa peixería. Anxo Fernández, chef do Hostal La Viuda, en A Pobra de Trives, proponnos esta sinxela receita coa que podemos sorprender aos nosos convidados. 

Navallas en tempura picante con amorodos

As navallas en Galicia péscanse dun xeito moi selectivo, principalmente mediante mergullo, capturándoas coa man dunha en una. Rocío Garrido Caramés, editora do gastroblog La Cocina de mi Abuelo, proponnos este orixinal xeito de preparalas.

Navallas gratinadas con xamón e queixo San Simón da Costa

Rocío Garrido Caramés, editora do gastroblog La Cocina de mi Abuelo, comparte con nós esta receita sinxela e rápida cun dos nosos mariscos máis emblemáticos. Unha saborosa preparación que podemos servir como entrante.

Prago marinado con ensalada de fiúncho

A chef do Gastrobar O Birrán de Ribadavia Emma Pinnal comparte con nós esta receita de prago. O prago é un peixe exquisito da familia do ollomol, a dourada ou o sargo, aínda que menos coñecido. Anímate a pedilo na túa peixería de confianza e sorprende aos teus invitados con esta orixinal preparación.

Empanada de chocos

A blogger Emilia Santiago (http://www.cousasdemilia.com) comparte con nós esta receita que presentou no especial da TVG “O mellor choco do mundo”. Unha receita tradicional cun produto de primeira das nosas costas.

Páxinas