Choco á grella con salsa dos seus interiores

FacebookTwitter
Choco á grella con salsa dos seus interiores
INGREDIENTES

Ingredientes (4 comensais):

  • 1,5 kg de choco
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • Viño branco
  • Loureiro
  • 600 g de patacas

Receita cortesía de Alejandro Iglesias, de Restaurante Cabanas en Lalín, presentada na edición de 2022 do Salón de Alimentación do Atlántico – SALIMAT A BANCA.

Preparación:

Limpar os chocos sen usar auga, gardando os interiores e as bolsas de tinta.

Rustrir a cebola e os allos cunha folla de loureiro. Retirar a folla de loureiro, engadir os interiores cun chorriño de viño branco e deixar cociñar ben.

Triturar todo ben engadindo auga ata conseguir unha textura de crema espesa.

Cortar as patacas en dados pequenos e limpar ben o amidón. Fritir ben e reservar.

Facer os chocos na grella ou nunha prancha ata que cree unha costra fina.

Para o empratado, colocar o choco sobre as patacas e a crema.