Berberechos con salmorejo de amorodos

FacebookTwitter
Berberechos con salmorejo de amorodos
INGREDIENTES

6 comensais

  • 500  g de berberechos grandes
  • 1 folla de  wasabina
  • Anacos de papaia
  • Algas agar agar hidratadas

Para o salmorejo:

  • 1kg de tomate maduro e pelado
  • 300 g de amorodos
  • 1 dente de allo
  • Sal e azucre 10 g
  • Aceite de oliva 150 ml
  • Vinagre  do  ribeiro  px1 50 ml
  • Pementa negra ao gusto
  • Salsa picante A factoría do lume ao gusto
  • 3  rebandas de pan seco
  • Para a maionesa de remolacha:
  • 1 ovo
  • 200 aceite de oliva suave
  • 2 g de po de remolacha
  • Sal
  • Limón

Receita cortesía de Begoña Vázquez propietaria do Restaurante Regueiro da Cova en Verín e membro de Cociña Ourense.

Preparación:

Para a elaboración do salmorejo, cortamos tanto tomates como amorodos e colocámolos nun  bol, despois engadimos todos os líquidos e aderezos e deixamos repousar en neveira durante 12 horas.

Trituramos e reservamos (se o queremos moi fino pasámolo por un coador).

Para a elaboración da maionesa de remolacha, nun vaso de batedor, imos montando a maionesa aos poucos, ao final engadimos un toque de pementa, sal e limón.

Abrimos os berberechos ao vapor nunha tixola cunha cullerada de auga e unha vez abertos, retiramos do lume.

Nun prato fondo colocamos o salmorejo e polos bordos imos engadindo de forma ordenada tanto berberechos como anacos de papaia, wasabina e algas.