Berberechos con salmorejo de amorodos

6 comensais
- 500 g de berberechos grandes
- 1 folla de wasabina
- Anacos de papaia
- Algas agar agar hidratadas
Para o salmorejo:
- 1kg de tomate maduro e pelado
- 300 g de amorodos
- 1 dente de allo
- Sal e azucre 10 g
- Aceite de oliva 150 ml
- Vinagre do ribeiro px1 50 ml
- Pementa negra ao gusto
- Salsa picante A factoría do lume ao gusto
- 3 rebandas de pan seco
- Para a maionesa de remolacha:
- 1 ovo
- 200 aceite de oliva suave
- 2 g de po de remolacha
- Sal
- Limón
Receita cortesía de Begoña Vázquez propietaria do Restaurante Regueiro da Cova en Verín e membro de Cociña Ourense.
Preparación:
Para a elaboración do salmorejo, cortamos tanto tomates como amorodos e colocámolos nun bol, despois engadimos todos os líquidos e aderezos e deixamos repousar en neveira durante 12 horas.
Trituramos e reservamos (se o queremos moi fino pasámolo por un coador).
Para a elaboración da maionesa de remolacha, nun vaso de batedor, imos montando a maionesa aos poucos, ao final engadimos un toque de pementa, sal e limón.
Abrimos os berberechos ao vapor nunha tixola cunha cullerada de auga e unha vez abertos, retiramos do lume.
Nun prato fondo colocamos o salmorejo e polos bordos imos engadindo de forma ordenada tanto berberechos como anacos de papaia, wasabina e algas.