Ameixón con kimchi de Grelos de Galicia e pementa de Pementos de Herbón

Ingredientes:
- Grelos
- Cenorias
- Patacas
- sal
- 4 culleradas de fariña de arroz
- Cunca e media de auga mineral (sen cloro)
- 4 culleradas de xenxibre raiado
- 2 culleradas pementa de Pementos de Herbón
- 6 dentes de allo
- 2 ceboliñas con rabos
- Azucre
- 1 mazá
- Ameixóns
Receita cortesía de Maica Couto, chef de A Ostrería – Nave 5 en Santiago de Compostela, presentada na edición de 2022 do Salón de Alimentación do Atlántico – SALIMAT A BANCA.
Preparación:
En primeiro lugar, cortamos os grelos, as cenorias e as patacas ao gusto, engadimos sal (entre u 2 e un 5%) e as metemos nun recipiente pechado para que fermenten durante 24 horas.
En segundo lugar, mesturamos a fariña de arroz, a auga, o xenxibre, a pementa, o allo, as ceboliñas, a mazá e un chisco de azucre e o pasamos polo batedor para facer unha pasta.
Mesturamos esta pasta coas verduras e deixamos repousar outras 24 horas nun recipiente pechado.
Tras este período, abrimos os ameixons en cru e os engadimos a mestura durante outras dúas horas e xa estaría listo para servir.
Podemos presentar o kimchi montado nas cunchas dos ameixons.
Nota: o Kimchi é un alimento probiótico que vai ben como acompañamento de peixes e mariscos e podemos usalo como guarnición noutras preparacións.