Salmonete á prancha con verduras ao vapor

FacebookTwitter
Salmonete á prancha con verduras ao vapor
INGREDIENTES

Ingredientes:

  • 2 salmonetes
  • 30 g de brócoli
  • 30 g de xudías
  • 30 g de cenorias baby
  • 1 espárrago verde
  • 50 g de fumet de salmonete
  • 25 g de emulsión

Receita cortesía de Juan Manuel de la Cruz, do Restaurante Casa Obdulia, en Vigo

Preparación:

En primeiro lugar, limpamos os salmonetes quitándolles a cabeza e a espiña central. Coas espiñas e cabeza elaboramos un caldo concentrado. Coamos e espesamos o caldo ao gusto.

Despois facemos as verduras ao vapor (ao dente) e os lombos do salmonete á prancha (volta e volta) para que estea zumarento por dentro.

O salmonete servímolo no seu propio caldo e colocamos as verduras ao redor. Realizamos unha bágoa coa emulsión da súa pel. Decoramos con brotes ou algas.