Mariscos Islas Cíes

- Mariscos Islas Cíes
-
Borna, 324
36955 Moaña (Pontevedra) - 986315462
- mariscosislascies@gmail.com
- http://www.mariscosislascies.es/
Mariscos Islas Cíes é unha empresa familiar dedicada principalmente á pesca, recolección e comercialización directa de marisco fresco galego. Nace no ano 2009 grazas ao carácter innovador e emprendedor de novos mariscadores e recolectores submarinos das Rías Baixas galegas, con máis de dez anos de experiencia no sector pesqueiro e marisqueiro, como resposta a unha sociedade cada vez máis esixente coa calidade do marisco e o respecto ao medio ambiente. A súa misión principal é trasladar a mellor esencia e sabor do Marisco de Galicia ás mesas de quen aprecie a calidade e a exquisitez dun produto único.
Diferéncianse do resto de empresas do sector grazas á idea innovadora de comercializar as súas propias capturas, complementadas con produtos altamente seleccionados nas principais lonxas galegas.
O seu exercicio profesional fundaméntase nuns valores profundamente arraigados:
- IMPLICACIÓN E RESPONSABILIDADE, para adaptarse e responder con eficacia aos requirimentos de cada un dos seus clientes.
- CALIDADE, entendida como a satisfacción das esixencias dos nosos clientes.
- INNOVACIÓN, desde unha posición permanente de autocrítica, creatividade e procura de melloras.
- ÉTICA, desde un rigoroso compromiso de honestidade, respecto ao cliente e comercio xusto.
- RESPECTO AO MEDIO NATURAL, adquirindo o compromiso de integrar o proceso de reciclaxe na súa empresa, e comercializar mariscos das Rías Galegas cunha orixe responsable desde un punto de vista ecolóxico, capturados con artes de pesca artesanais e sostibles.