European seabass

A robaliza ten un corpo longo, ovalado e esvelto, cunhas aletas dorsais separadas e sen pintas. A cabeza é longa e a cor da súa pel prateada-gris no dorso, máis clara nos lados e branca no ventre. Ten unha boca enorme, de gran depredador. A súa época de reprodución vai dos meses de Nadal ata finais de marzo e pode chegar a medir ata un metro.
Este peixe vive en todos os tipos de costa, preferindo os acantilados e rompentes, onde a auga ferve e arrinca da pedra crustáceos, moluscos e peixes. Vive nas costas e busca sempre as augas limpas e en corrente. Os exemplares novos de robaliza forman bancos. A técnica utilizada para capturar esta apreciada especie é o palangre con cebo vivo, patexo, con bolo, ao trasmallo ou á liña. Pódese pescar tamén ao curricán con cebos artificiais. Só cando se atopan bancos, as capturas son significativas.
A robaliza é un luxo na cociña. Esixa a máxima frescura, pois é un peixe do día. A súa carne branca e compacta admite tantas preparacións como se desexe: asada, ao forno, grellada, á prancha. A finura da súa carne permite apostas atrevidas, como mariñala en cru; e, como non, tamén a pode probar en caldeirada, sen pasarse na cocción. Non ten desperdicio.
Details of species
- FAO code: BSS
- Scientific name:Dicentrarchus labrax
- Galician name: Robaliza
- Spanish name: Lubina o Róbalo
- Biological group: Peixes

- Minimum size: 36 cm
- Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Where to find it
- Confraría Sindical de Pescadores San Xoán de Redondela
- Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (Lonxa de Baiona)
- Confraría de Pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
- Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas (Lonxa)
- Confraría de Pescadores "San Martiño" de Bueu
- Confraría de Pescadores "Virxe do Carmen" de Rianxo
- Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son
- Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade
- Confraría de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión
- Confraría de Pescadores de Cedeira
- Confraría de Pescadores de Lira
- Confraría de Pescadores de Muros
- Confraría de Pescadores de Portonovo
- Confraría de Pescadores de Portosín
- Confraría de Pescadores e mariscadores de Ferrol
- Confraría de pescadores "San Cipriano" de Aldán - Hío
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo, A.I.E.
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira, S.L.
- Mar do Morrazo, S.C.G.