FacebookTwitter

Grupo Envimar NW, S.L.

Grupo Envimar NW, S.L.

En Grupo Envimar NW, S. L. todos os produtos son examinados desde a súa compra en lonxa ata o seu transporte, controlando a súa correcta temperatura e conservando a cadea de frío.

Atópanse situados nas Rías Baixas, no porto de Ribeira (A Coruña), un dos máis importantes portos pesqueiros de Europa, cun dos maiores volumes de peixe e marisco fresco de toda Galicia. A frota de Ribeira componse de máis de 450 embarcacións.

Outras tantas embarcacións ou máis se achegan desde portos veciños, para poxar a súa pesca na rula ribeirense. Desde O Grove, Cambados, Muros, Porto do Son, Camariñas, A Coruña, Celeiro, Vigo, Moaña, Cangas, Arousa, Finisterre, etc. moitos barcos nutren a poxa, onde se ofrece o peixe da costa galega e o mellor marisco das Rias Baixas.