Thornback ray

Rostro curto e redondeado e bordes anteriores lixeiramente sinuosos. A superficie dorsal está cuberta de denticulacións. As femias presentan entre 30 e 50 espiñas na liña mediodorsal e o número é menor nos machos. Tamén presentan na cara dorsal do disco algunhas espiñas grandes e curvadas, tamén presentes na cara ventral das femias. A cor é moi variable, dende o gris ao marrón claro con manchas escuras que se unen formando liñas sinuosas. Ás veces ten un par de ocelos amarelentos bordeados de gris. Pode alcanzar 1 m de lonxitude.
É unha especie moi común en augas superficiais e ata os 300 m de profundidade, tanto no Mediterráneo como nas costas atlánticas ibéricas.
Details of species
- FAO code: RJC
- Scientific name:Raja clavata
- Galician name: Raia cravuda
- Spanish name: Raya de clavos
- Biological group: Peixes

- Minimum size: 40 cm
- Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiras ou soamente as ás