FacebookTwitter

Meagre

Meagre Ilustrador/a: Elisabet García Aires

De corpo alongado e esvelto, case fusiforme. O pedúnculo caudal é ancho e potente. Posúe otolitos moi desenvolvidos así como a vexiga natatoria que ocupa gran parte do abdome e coa que os machos poden emitir uns gruñidos característicos. A cor é prateada con reflexos de cor bronce e aletas pardo vermellas. Pode chegar a medir máis de 1,5 m aínda que o normal é arredor dos 50 centímetros. Propia de fondos areosos, polos que se despraza formando pequenos bancos. Típica de fondos de pouca profundidade aínda que pode chegar aos 200m de profundidade. Resiste os cambios de salinidade polo que pode penetrar nas desembocaduras de ríos e esteiros. Aliméntase de outros peixes e crustáceos. Distribúese polo Atlántico e no Mediterráneo.

Details of species

  • FAO code: MGR
  • Scientific name:Argyrosomus regius
  • Galician name: Corvina real
  • Spanish name: Corvina
  • Biological group: Peixes
Meagre
  • Minimum size:
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal