FacebookTwitter

Surmullet

Surmullet

Dous aspectos característicos definen esta especie: as cores vermellas do seu corpo, que varían segundo a época do ano, e a súa barbicha, que usa para detectar e desenterrar os moluscos e crustáceos que lle serven de alimento. As diferenzas máis visibles entre este e o salmonete de lama son que o da pedra ten un rostro máis oblicuo e presenta tres ou catro bandas amarelas ao longo do corpo e a cor é xeralmente máis escura. Reprodúcese entre os meses de maio e xullo e pode chegar a medir ata 40 centímetros, aínda que o normal é que midan entre os 18 e os 25 centímetros.

Habita fondos de pedra e area ata os 25 metros de profundidade. As capturas non son abundantes, empregándose a arte do trasmallo e as betas. Tamén é un peixe "de cordel": úsase a liña.

Este peixe pode prepararse sen limpalo previamente, xa que non posúe bile e, polo tanto, todo el ten un delicado sabor. Fritido ou ao forno, con algunha especie do seu gusto, ofreceralle moito máis do que o seu pequeno tamaño promete.

Details of species

  • FAO code: MUR
  • Scientific name:Mullus surmuletus
  • Galician name: Salmonete de rocha
  • Spanish name: Salmonete de roca
  • Biological group: Peixes
Surmullet
  • Minimum size: 15 cm
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal