FacebookTwitter

Small-spotted catshark

Small-spotted catshark

Corpo alongado e afiado, co fociño curto e arredondado. A pel é coma lixa. Presenta numerosas manchas pequenas de cor castaña escura ¿e por veces brancas¿ no dorso, costas e aletas. A femia pon 20 ovos que se poden ver mesturados coas algas cando baixa a marea. Esta é a quenlla máis frecuente das nosas costas e a súa lonxitude máxima é dun metro.

Vive en fondos areosos ou de lama, desde os 25 metros ata os 400 de profundidade. É activo pola noite, permanecendo en repouso durante o día. Captúrase practicamente con todas as artes: palangre, anzol, etc.

É un peixe de carne e textura agradables, sen espiñas. O costume é vendelo sen a pel, que se desprende tirando con forza e habilidade. Pode preparalo guisado ao seu gusto.

Tamén lle van moi ben as caldeiradas tradicionais. Admite calquera preparación na que substitúa outros peixes máis caros coma o peixe sapo.

Details of species

  • FAO code: SYC
  • Scientific name:Scyliorhinus canicula
  • Galician name: Melgacho
  • Spanish name: Pintarroja
  • Biological group: Peixes
Small-spotted catshark
  • Minimum size: 40 cm
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal