Salón Alimentario do Atlántico – SALIMAT A BANCA

PescadeRias

Do 2 ao 5 de xuño celebrouse en Silleda unha nova edición do Salón Alimentario del Atlántico – SALIMAT A BANCA, un dos principais foros e puntos de encontro do sector agroalimentario a nivel nacional e referente no noroeste peninsular.

Consellería do Mar estivo presente, como todos os anos, cun stand institucional e unha sala de catas onde se degustaron produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?. As preparacións, nas que se utilizaron xardaxurelosargosardiñachocozamburiña, navallalongueirón velloameixa rubia e ameixón, foron levadas a cabo polos/as cociñeiros/as Alejandro Iglesias (Restaurante Cabanas, Lalín), Emma Pinal (Gastrobar O Birrán, Ribadavia), Moisés Rodríguez (El taller de bienestar, Ourense) e Maica Couto e Diego Domínguez (A Ostrería – Nave 5, Santiago de Compostela). Así mesmo, as empresas certificadas polo selo pescadeRíasHQ Seaweed, S.L. (Capitán alga) e Fish Factory, S.L. (La Curiosa), contaron con stand no evento. Preme aquí para ver un vídeo.