Catro receitas para aproveitar ao máximo as Rías Galegas

PescadeRias

O pasado xoves 4 de agosto, a sección Sabe bien de La Voz de Galicia publicou a reportaxe «Catro receitas para aproveitar ao máximo as Rías Galegas», no que se destaca a importancia de utilizar peixes e mariscos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? como garantía de calidade.

Pescadaourizochoconavallas e salmonete certificados foron utilizados nos pratos elaborados por Iván Nieto (A Casa da Viña), Alberto Carou (Curral do Marqués), Rubén González (El Cafetín) e Juan Manuel de la Cruz (Casa Obdulia). As elaboracións foron maridadas con viños da Bodega Marqués de Vizhoja con D.O. Rias Baixas.

Os catro restaurantes están adheridos á marca e ofrecen habitualmente nas súas cartas peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal. Utilizar produtos do mar certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non? proporciónalles confianza a eles e ás persoas consumidoras que visitan os seus establecementos e garántelles un produto perfectamente etiquetado, con garantía de frescura e calidade.

Premendo aquí podes acceder ao artigo.