FacebookTwitter

European flounder

European flounder

A solla pódese distinguir da solla de altura (Pleuronectes platessa) polo seu corpo ovalado e asimétrico, de cor parda - olivácea, frecuentemente punteado con manchas escuras e claras. A cara cega - ou inferior - da solla é branca. Pode chegar a medir ata 50 centímetros. Reprodúcese durante a primavera.

Vive en fondos areosos de ata 40 metros de profundidade. Soporta ben as diferencias de salinidade, podendo internarse nos ríos. É moi abundante e ben valorada.

Captúrase habitualmente ao trasmallo, principalmente durante os primeiros meses do ano.

A fórmula estelar de prepara-la solla é pasala por unha tixola cun aceite de oliva de calidade. Así, a súa carne branca, que debemos cociñar ó punto, amosa todo o seu sabor.

En caldeirada ou cocida cun chorro de aceite de oliva resultaralle tamén moi saborosa.

Details of species

  • FAO code: FLE
  • Scientific name:Platichthys flesus
  • Galician name: Solla
  • Spanish name: Platija
  • Biological group: Peixes
European flounder
  • Minimum size: 25 cm
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal