You are here

Related news to PescadeRías

Published on Monday, April 22, 2019 - 12:49
A App “Non piques, non peques” incorpora 30 novas especies

A aplicación "Non piques, non peques", con información sobre vedas, tamaños mínimos e período óptimo de consumo dos principais peixes e mariscos que se comercializan en Galicia, incorpora 30 novas especies, que se suman ás 53 que xa estaban dispoñibles.

A descarga desta APP é gratuíta e pódese facer na Play Store de Android e na App Store de iOS.

Published on Wednesday, April 17, 2019 - 11:28
O mar en 360º

Mergullarse na extracción de navalla, visualizar o marisqueo a pé no intermareal areoso ou a recollida de percebes na costa rochosa agora é posible gracias aos vídeos 360º elaborados pola Consellería do Mar sobre os oficios do mar . Completan a serie de sete vídeos a pesca de polbo con nasas, a pesca de palangre, a pesca de cerco e o cultivo de mexillón en batea.

Published on Tuesday, April 9, 2019 - 11:48
Do mar ao prato na Lonxa de Arcade

Os pasados 06 e 07 de Abril tivo lugar unha nova edición das xornadas Do Mar ao Prato no peirao de Arcade, organizadas pola Confraría de Pescadores Virxe do Carme, coa colaboración de Mariscos Inés, ambas entidades certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, e do concello de Soutomaior.

Published on Friday, April 5, 2019 - 12:45
Boletín de noticias de abril

No boletín deste mes podes consultar toda a información sobre feiras e eventos que terán lugar en Abril. E descargar unha invitación para participar das catas con produtos certificados no Salón de Gourmets de Madrid!

Tamén atoparás un enlace para ver os vídeos 360º elaborados pola Consellería do Mar sobre os oficios do mar, non chos perdas!

Todo isto e moito máis premendo aquí.

Pages