Nova orde que regula a formación náutico-pesqueiro

pescadeRias

Onte publicouse no DOG unha nova orde que regula a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente en Galicia.

O novo texto adapta os requisitos de acceso e a formación ás necesidades actuais do sector co obxectivo de facilitar a incorporación de novos profesionais e favorecer a remuda xeracional. Entre as principais modificacións destaca a redución da duración do curso de mariñeiro/a pescador/a de 50 a 23 horas, así como a flexibilización dos requisitos de acceso ás distintas titulacións.

A orde tamén regula aspectos relacionados coa organización dos cursos, que poderán impartirse tanto en modalidade presencial como mediante teleformación. 

Podes ler a orde aquí.