You are here

Related news to PescadeRías

Published on Wednesday, May 15, 2019 - 12:59
Primeiras etiquetas individuais na Lonxa de Bueu

A lonxa da Confraría de Pescadores de Bueu comezou este mes a realizar etiquetado individual co distintivo pescadeRías, ¿de onde se non? en peixes.

Con Bueu son xa nove as entidades que utilizan ese tipo de etiquetas: Bueu, Cedeira, Ribeira, Fisterra, Cambados, Portonovo, Cangas, Corcubión e Baiona.

Published on Monday, May 13, 2019 - 11:33
Publicada a resolución para a ordenación da pesquería da sardiña

O pasado venres 10 de maio, publicouse no BOE a Resolución de 24 de abril de 2019, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establecen disposicións de ordenación da pesquería da sardiña ibérica (Sardina pilchardus) que se pesca en augas ibéricas da zona CIEM VIIIc e IXa, na cal se establecen as datas de apertura e peche para as distintas artes así como as cotas de captura por buque. 

Published on Wednesday, May 8, 2019 - 14:03
Boletín de noticias de maio

Cada vez son máis os restaurantes que apostan pola pesca artesanal adheríndose ao selo pescadeRías, ¿de onde senon? En abril foron catro: A Gabeira (en Valón, Ferrol) e A Maceta, A Ostrería e Amoado en Santiago de Compostela.

Consulta todas as novidades premendo aquí

Published on Tuesday, May 7, 2019 - 14:16
Estamos na SeafoodExpoGlobal de Bruxelas

Do 07 ao 09 de maio estaremos en Bruxelas na SeafoodExpoGlobal. No marco da feira, hoxe no stand da Consellería do Mar, realizouse unha presentación sobre o polbo por parte da empresa certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? Frigoríficos Rosa de Vientos e da ecoetiqueta pescaenverde.

Pages