Especie do mes: a agulla

pescadeRias

A agulla (Belone belone) é a especie protagonista do mes. Trátase dun peixe azul facilmente recoñecible polo seu corpo longo e estreito e polas súas características mandíbulas alongadas provistas de pequenos dentes. Habita preto da superficie, en augas abertas e batidas, aínda que durante o verán adoita achegarse á costa formando bancos.

En Galicia, a súa mellor época de consumo esténdese de marzo a agosto, e captúrase principalmente con cerco e anzol. A súa carne é firme, saborosa e rica en proteínas, ácidos graxos omega-3, vitaminas A e E e minerais como calcio, potasio, ferro e zinc. Un peixe versátil na cociña, ideal para preparar frito, guisado, en escabeche ou afumado.

Podes ampliar a información aquí.