Feliz Día do Carme!
16/07/2026
Hoxe os portos e vilas mariñeiras de Galicia énchense de emoción, tradición e devoción para celebrar o Día do Carme, patroa das xentes do mar.
Procesións marítimas, ofrendas florais e actos festivos renderán homenaxe a unha das celebracións máis fondamente enraizadas na nosa cultura mariñeira.
Desde pescadeRías de onde se non? sumámonos a esta celebración e trasladamos os nosos mellores desexos a todas as persoas que viven e traballan vencelladas ao mar.
Queremos tamén felicitar a todas as persoas que hoxe celebran a súa onomástica. Moitos parabéns!