You are here

Related news to PescadeRías

Published on Monday, November 4, 2019 - 13:39
Apertura da volandeira na Ría de Arousa

Hoxe 4 de novembro comezou a campaña da volandeira na Ría de Arousa.

Conforme se establece na resolución que autoriza a súa captura, un total de 53 embarcacións pertencentes ás confrarías de pescadores de Cambados, Rianxo e Ribeira están autorizadas para a súa extracción. O tope de capturas por tripulante é de 50 quilos, cun máximo de 3 tripulantes por embarcación. Os puntos de control, descarga e venta serán nas lonxas de Cambados e Ribeira.

Published on Tuesday, October 29, 2019 - 15:55
Os produtos pescadeRías, ¿de onde se non? en GASTRONOSA

Este luns, 28 de outubro, a Asociación de Amigos da Cociña Galega – Amicogal, celebrou o seu 43 aniversario na Cidade da Cultura, coa I Edicióndo evento Gastronosa, un encontro entre empresas produtoras e o sector dahostalaría.

No acto participou o conselleiro de Cultura e Turismo, RománRodríguez González, a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, ea directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, MercedesRodríguez.

Published on Monday, October 21, 2019 - 17:38
IV Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia

Do 17 ao 20 de outubro, celebráronse as IV Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia cun amplo e variado programa, organizadas pola Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia.

Published on Tuesday, October 15, 2019 - 14:40
O Canal Rías Baixas, realizou tres reportaxes sobre a marca pescadeRías, ¿de onde se non?

No mes de setembro, o Canal Rías Baixas realizou tres reportaxes que tiveron como protagonista a marca pescadeRías, ¿de onde se non?. Nos vídeos, amósanse os oficios do mar,  a variedade de produtos certificados e a tipoloxía de entidades usuarias e adheridas que engloba a marca, como o marisqueo, a pesca de baixura, a actividade na lonxa, o proceso de depuración e procesos de transformación como a conserva e a conxelación de polbo.

Pages