You are here

Related news to PescadeRías

Published on Thursday, June 27, 2019 - 13:37
Produtos certificados en Nova York, na V edición do Galician Cinema & Food Festival

A marca pescadeRías, ¿de onde se non? está presente na V edición do Galician Cinema & Food Festival que se está a celebrar no Instituto Cervantes de Nova York e no Cosentino City Manhattan, do 24 ao 27 de xuño. O festival busca dar a coñecer e poñer en valor os produtos galegos no mercado estadounidense.

Ás actividades do programa, que xunta cinema e gastronomía de Galicia, asisten profesionais da prensa especializada e da industria da distribución.

Published on Monday, June 24, 2019 - 12:20
Degustación de produtos certificados na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid

A marca pescadeRías, ¿de onde se non? estivo presente na degustación de produtos do mar que se levou a cabo o 20 de xuño na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid, no marco da presentación dos LXII Cursos Universitarios e Internacionais, Música en Compostela, coa colaboración da Consellería do Mar. 

Published on Friday, June 21, 2019 - 11:59
Veda da Centola e do Boi

Dende as 00:00 horas do 2 de xuño non se poderán capturar centolas nin bois entre a desembocadura do Miño e Estaca de Bares. A veda para esta zona rematará o día 10 de novembro. Entre Estaca de Bares e a desembocadura do Eo permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de xuño. A veda neste caso durará ata o 1 de decembro.

Published on Thursday, June 13, 2019 - 13:27
Os produtos certificados na 23º Edición de SALIMAT-ABANCA

Entre o 6 e o 9 de xuño celebrouse en Silleda a 23ª edición doSalón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA.

Pages