Xa dispoñible o boletín de setembro
14/09/2026
Xa podes consultar unha nova edición do boletín mensual da marca, con información sobre gastronomía, divulgación, entidades certificadas e promoción da pesca artesanal galega.
Este mes incorporamos á Tripulación pescadeRías a Iago Conde, director comercial e de marketing de Real Conservera Española, para falar de conservas artesanais, tradición, innovación e latoturismo.
Na sección gastronómica, Alejandro Iglesias, de Alex Iglesias Gastro, propón unha receita de xurelo afumado sobre auga de tomate, cogombro e aceite de alfábega. Ademais, descubrimos o caramuxo como especie do mes e coñecemos Frigoríficos Moldes, entidade certificada para transformación de cefalópodos.
O boletín complétase con novas sobre formación, eventos e actividades de promoción.
Consulta o boletín de setembro e descubre todas as novidades aquí.