FacebookTwitter

Real Conservera Española, S.L.

Real Conservera Española, S.L.

Real Conservera Española dá continuidade a unha saga de máis de 90 anos e tres xeracións dedicadas ás conservas de peixe e marisco de calidade. Son herdeiros de séculos de tradición dun pobo dedicado ao mar e transmitida de xeración en xeración.

Seleccionan os mellores peixes e mariscos, no seu mellor momento, para producir de maneira artesanal as mellores conservas do século XXI. Fan as cousas amodo. Evisceran manualmente, empacan as pezas unha a unha e cociñan as receitas de coberturas ou salsas con toda a precisión e agarimo. En Real Conservera Española perseguen a calidade e contrólana durante todo o proceso produtivo.

O seu persoal está orientado, comprometido e formado para facer as cousas ben. Para asegurar que, por moitos anos, os seus produtos sexan excelentes.

As nosas Rías, a xente do mar e a contorna son o seu ADN. Por iso son parte da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, de pescadeRías ou de Berberecho de Noia, garantindo a trazabilidade total das mellores materias primas do mundo. Con iso axudan a que a súa contorna creza economicamente e sexa sustentable.