You are here

Related news to PescadeRías

Published on Thursday, April 4, 2019 - 12:30
A marca pescadeRías, ¿de onde se non? recoñecida pola Comisión Europea

A marca pescadeRías, ¿de onde se non? foi destacada pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas dentro dos proxectos apoiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). O vídeo publicado pola Unión Europea amosa os obxectivos da marca, a tipoloxía de produtos e axentes que engloba a marca facendo unha viaxe polo camiño que percorren os produtos da pesca artesanal desde a súa extracción ata o seu consumo, sen esquecernos das persoas e os oficios do mar implicados. O noso agradecemento a todas as persoas e entidades que fixeron posible a gravación do vídeo.

Published on Tuesday, April 2, 2019 - 10:59
Gañadores do sorteo da APP

O pasado 29 de marzo realizouse o sorteo para coñecer aos gañadores de los dous vales de 30 € en produtos certificados para adquirir nun establecemento adherido. Os afortunados foron Alejandro Juanatey e Jm Sanjorge, que recibirán un vale de 30 € para utilizar nunha peixería adherida. Parabéns!!

Published on Monday, March 18, 2019 - 09:00
A Lonxa de Cedeira amplía o alcance da súa certificación a cefalópodos

Desde a pasada semana, a lonxa de Cedeira etiqueta o polbo e o choco que comercializa baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non?, tras ampliar o alcance da súa certificación a cefalópodos a primeiros de marzo.

O pósito desta localidade ten certificados tamén os peixes, os crustáceos e os bivalvos. Estes últimos poden ser adquiridos polo público en xeral na depuradora da Confraría.

Published on Friday, March 15, 2019 - 12:13
Fórum Gastronómico A Coruña

Do 10 ao 12 de marzo celebrouse o Fórum Gastronómico A Coruña, un encontro para os profesionais do mundo da gastronomía.

Pages