You are here

Related news to PescadeRías

Published on Tuesday, March 5, 2019 - 13:50
Boletín de noticias de marzo

O boletín de marzo xa está dispoñible para a súa consulta premendo aquí.  Non te perdas as últimas novidades relacionadas co selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Published on Monday, March 4, 2019 - 12:21
Galicia Market Place Vigo, 4ª Edición

O pasado 28 de febreiro estivemos na IV Edición de Galicia Market Place, celebrada en Vigo, no Círculo de Empresarios de Galicia. Durante a xornada, participamos na mesa redonda Diferenciación para gañar en competitividade e acceder aos mercados esixentes.

Published on Thursday, February 28, 2019 - 08:10
Eu xa descarguei a APP de pescadeRías, e ti?

Estamos a sortear dous vales de 30€ en peixe e marisco fresco que poderás utilizar nunha peixería adherida entre aquelas persoas que vos descarguedes a APP de pescadeRías, ¿de onde se non?.

Para participar entra na nosa páxina de facebook ou en instagram e segue as instrucións indicadas na publicación do sorteo.

Published on Wednesday, February 27, 2019 - 08:54
Mariscos Camino, S.L., novo axente certificado

A depuradora Mariscos Camino, S.L. acadou este mes de febreiro a certificación no selo pescadeRías ¿de onde se non? para a comercialización de bivalvos.

Premendo aquí podes ver un vídeo no cal amosan o envasado de ameixa nas súas instalacións no concello de Boiro (A Coruña).

Pages