San Xoán: lume, tradición e sabor a sardiña

pescadeRias

Esta noite Galicia iluminarase co brillo das fogueiras para celebrar unha das festas máis populares do calendario: San Xoán. Lume, encontro e gastronomía arredor das praias, prazas e rúas de vilas e cidades.

E se hai un produto que non pode faltar nesta celebración é a sardiña. Asada á brasa, acompañada de pan de millo e boa compañía, é un dos grandes símbolos desta noite máxica.

Unha excelente ocasión para gozar dos sabores do noso mar e manter vivas as tradicións que forman parte da nosa cultura.