FacebookTwitter

Porto de Cambados S.L.

Porto de Cambados S.L.

PORTO DE CAMBADOS, S.L. é unha empresa que nace no seo da Confraría de Pescadores de San Antonio de Cambados en febreiro de 2012 coa finalidade de colocar no mercado unha vieira galega que cumpra todos os requisitos sanitarios e de rastrexabilidade, para que chegue ao consumidor final un produto exquisito con todas as garantías.

Comercializa unha vieira galega certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, que garante que é un produto da pesca do día, artesanal, selectiva, sostible e responsable.