Volandeira con salsa vinagreta de chalotas, trufa negra e AOVE

FacebookTwitter
Volandeira con salsa vinagreta de chalotas, trufa negra e AOVE
INGREDIENTES

Ingredientes (4 persoas):

  • 12 volandeiras de Cambados
  • 2 chalotas
  • Azucre
  • Trufa negra
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Allo
  • Xenxibre
  • Escamas de sal

Dende o restaurante A Casa da Viña, en Santiago de Compostela, adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, envíannos esta receita para a elaboración dun prato que pode formar parte do noso menú de nadal e que ten como protagonista un produto en tempada, as volandeiras.                                                                                          

Preparación:

En primeiro lugar, limpamos as volandeiras e reservamos a carne.

Cortamos as  chalotas e deixámolas co azucre 2 horas a lume lento para acaramelalas.

Marcamos na tixola a carne das volandeiras con AOVE de allo.

Presentamos as volandeiras cunha  culleradiña da chalota acaramelada e sal en escamas e relamos encima a trufa negra e o xenxibre.