Curry de choco

FacebookTwitter
Choco
INGREDIENTES

(4 persoas)

  • 2 Chocos de Kg
  • 1 bulbo de fiúncho
  • 1 ceboliña fresca
  • 1 allo porro
  • 2 dentes de allo
  • 30 gramos de xenxibre fresco
  • 1 folla de loureiro
  • 1 chile verde
  • 2 follas de lima kaffir
  • 1 rama de citronela
  • 1 presa de coandro picado
  • 150 gramos de salsa de tomate
  • 120 gramos de Golden Curry hot (pastillas de curry xaponés)

 

Preparación:

Quitamos as vísceras e reservamos. Retiramos pel e aletas e reservamos tamén para o caldo.

Retiramos a cabeza e con moito coidado os aros duros das  ventosas dos  tentáculos. Picamos.

Abrimos o corpo do choco e quitamos as peles coa axuda dunha puntilla e un cacho de papel. Cortamos en dados.

Para o caldo:

Poñer nunha pota con 2  l e medio de fumet ou auga os interiores do choco picados a grosso modo, as aletas e as peles. Engadir o verde da ceboliña, do allo porro e do fiúncho, un dente de allo pelado, a folla de loureiro, a  citronela e os talos de coandro picados. Cocer 45 minutos,  triturar o conxunto e coar.

Picar o allo, o xenxibre restante, rustrir. Incorporar o fiúncho, a ceboliña e o allo porro. Laminar o chile sen pebidas e engadir tamén. Unha vez rustridos incorporar o choco e refogar.

Mollar cun chorro de albariño e tapar. Deixaremos cocer 15 minutos ata que se reduzan todos os mollos do choco e o viño. Incorporar agora o tomate e cocer 5 minutos máis. Nese momento mollaremos co caldo coado que elaborariamos anteriormente, engadimos a pastilla de curry e deixamos cocer 30 minutos máis ata que a carne de noso choco estea tenra e saborosa. Poñer a punto de sal e incorporar follas de coandro picado xusto antes de retirar.

Para o empratado final, dispoñer sobre o guiso follas de albáfega, menta, coandro e aneto, así como unhas láminas pequenas de chile verde.

É interesante acompañalo dunhas patacas cocidas ou un arroz branco, a nosa salsa daralle toda a personalidade.

Receita de Lucía Freitas de A Tafona by Lucía Freitas (1 Estrela Michelín) e Lume Santiago by Lucía Freitas.