Centola chili crab

FacebookTwitter
Centola chili crab
INGREDIENTES
  • Auga
  • 2 follas de loureiro
  • 1 centola pequena
  • Aceite oliva
  • 2  chiles chipotle
  • 3 dentes de allo
  • 3 culleradas de ketchup
  • 1 cullerada de tomate concentrado
  • 1 lima
  • sal
  • 5 g de salsa de ostras
  • 50 ml de viño  Albariño
  • 50 ml de caldo de centola
  • Zumo de lima
  • sal

Receita cortesía de Mariscos Laxe de Rons.

Preparación:

O primeiro paso será cocer a centola, pero neste caso cocerémolo un pouco menos do habitual para que sexa fácil limpar. Para iso, poñémolo nunha pota, cubrímolo totalmente con auga e incorporamos unhas follas de loureiro. Cocerémolo durante 13 minutos, retirarémolo e mergullarémolo inmediatamente en auga con xeo para cortar a  cocción.

Unha vez realizado este paso procederemos a esmiuzalo limpándoo totalmente, deixando reservado o cacho que deixaremos para empratar e o caldo da centola nun vaso.

O seguinte paso será preparar a salsa picante e para iso douraremos nunha tixola os dentes de allo e o chile chipotle previamente picado. Unha vez dourado engadiremos 50 ml de viño albariño e deixaremos que se reduza esta mestura.

Unha vez reducida a salsa engadiremos o tomate concentrado, o ketchup e a salsa de ostra e deixaremos que se cociñe ata obter unha salsa espesa. Unha vez reducida engadiremos o caldo da centola e deixarémolo fervendo durante 4 minutos.

Unha vez teñamos a salsa lista, mesturaremos coa carne esmiuzada de centola xunto cun chorro de zume de lima e sal. Deixamos ferver todo xunto 1-2 minutos ata que a mestura quede moi cremosa e no caso de que estivese liquida poderemos poñer un pouco de fariña para espesar a salsa.

Finalmente poñeremos esta mestura no cacho da centola e adornaremos cun pouco de coandro fresco.