FacebookTwitter

Angler(=Monk)

Angler(=Monk)

A xuliana ten a cabeza grande e a queixada sobresaínte, o corpo moi comprimido e uns dentes moi poderosos. Distínguese do peixe sapo en que este ten o peritoneo (pel que hai polo interior do ventre unha vez eviscerado) de cor negra e a xuliana branca. Ademais, o peixe sapo adoita ser de menor tamaño ca a xuliana, que pode superar con certa frecuencia os 10 quilos. Reprodúcese a finais da primavera ou ao comezo do verán.

Especie bentónica que vive en fondos de lama e area desde os 20 ata os 500 metros de profundidade. É un dos peixes de maior demanda. É especialmente apreciada a que se captura en augas galegas.

Moi similar ao peixe sapo, pero de menor prezo. Pode preparala en guisos mariñeiros, con ameixas, en caldeirada, en salsa verde ou, probando experiencias novas, con mollo de ourizos e, como non, rebozada e frita, en salpicón, á grella ou en pastel.

Details of species

  • FAO code: MON
  • Scientific name:Lophius piscatorius
  • Galician name: Xuliana
  • Spanish name: Juliana o rape blanco
  • Biological group: Peixes
Angler(=Monk)
  • Minimum size: 30 cm / 0,5 kg (evisc) / 0,2 kg (sen cab)
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiros e eviscerados ou sen cabeza