Anxo Fernández, chef do Hostal La Viuda en A Pobra de Trives, amósanos unha sinxela preparación de salmonetes, apta para principiantes, coa que poderemos desfrutar do delicado sabor deste peixe.
Preparación:
En primeiro lugar escamamos e limpamos os salmonetes, os abrimos en lombos, os secamos e reservamos.
Como acompañamento preparamos un puré de patacas. Para elo cocemos as patacas e as trituramos mesturándoas coa manteiga e o leite. Deixamos o puré a 80º durante 10 minutos para que quede fino.
Pasamos os lombos dos salmonetes por fariña de garavanzo e os fritimos.
Para montar o prato poñemos o puré, o salpementamos e colocamos enriba os salmonetes fritos. Decoramos coa menta fresca.