Hostal La Viuda

Hostal La Viuda

A especialidade do restaurante do Hostal La Viuda son os sabores de sempre, a cociña tradicional pero cun toque de autor. Carnes e peixes de primeira calidade elaborados coa receita da experiencia e o agarimo.

Ademais, as súas sobremesas caseiras son capaces de transportar a unha época pasada; aos sabores de outrora.

Situados nunha terra ligada á cultura do viño, contan cunha ampla carta que inclúe desde os sabores máis próximos, como o Ribeira Sacra, Godello ou Mencía, ata os veciños Rioxa ou Ribeira do Douro.

O obxectivo de La Viuda non é outro que conseguir que o visitante goce do pracer dunha boa comida nun ambiente agradable. Contan cun comedor con capacidade para 70 persoas e cun salón para grandes banquetes, especialmente pensado para vodas, comuñóns e grandes celebracións con capacidade para 240 persoas.

Datos de contacto