Que é pescadeRías?

Empresas Asociadas

A marca pescadeRías ¿de onde se non? é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal cuxa fama de variedade e calidade traspasan as nosas fronteiras.

Orixe da marca: Esta marca xorde desde a Consellería do Mar da Xunta de Galicia no ano 2008 coa idea de que os produtos do mar procedentes da frota artesanal poidan ser claramente diferenciados, dentro da variada oferta que presenta un mercado cada vez máis globalizado e cunha ampla variedade de produtos.

Vantaxes para o consumidor: os produtos pesqueiros ao levar un distintivo, poden ser distinguidos con facilidade no mercado co que se atopa o consumidor a diario. Estes produtos etiquetaxes son para vostede unha garantía de frescura e calidade, de respecto ao medio ambiente e de aplicación dunhas prácticas hixiénicas e de manipulación adecuadas por parte das empresas que os puxeron no mercado.

Vantaxes para as empresas: a marca é unha ferramenta que se pon a disposición do propio sector pesqueiro para poder diferenciar a frescura e calidade do seu produto nun mercado actual competitivo e, para ademais, poder facer publicidade do seu bo facer no traballo que é o mellor aval para a continuidade e o futuro da súa actividade. 

>> Descargar manual de identidade corporativa

>> Descargar guía metodolóxica para a implantación da marca

FacebookTwitter