Vostede está aquí

Que produtos me ofrece a marca?

Todos os produtos pescadeRías ¿de onde se non? proceden do marisqueo ou da pesca de baixura que se desembarca diariamente nos portos da Comunidade Autónoma de Galicia. Todos eles teñen, polo tanto, menos de 24 horas fóra do mar no momento da súa primeira venda.

Os métodos empregados para a súa extracción son, ademáis, respectuosos co medio ambiente, e procuran unha pesca sustentable pensando nas xeracións futuras.

Os produtos pesqueiros que podemos atopar na marca pertencen a estes grandes grupos:

  • Peixes
  • Moluscos bivalvos
  • Cefalópodos
  • Crustáceos
  • Algas mariñas
  • Gasterópodos
  • Equinodermos
  • Especies eurihalinas
  • Antozoos

Poden aparecer no mercado ademáis de frescos, conxelados, transformados (conservas) e/ou elaborados (precociñados).

A presenza do logotipo da marca no etiquetado destes produtos garante que non se mesture produto certificado con produto non certificado.