Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o martes, Novembro 21, 2017 - 08:46
Aquí hai tomate cherry!!

Este mes de novembro, estivemos a colaborar co evento gastronómico “Aquí hai tomate”, que está a ter lugar no CC Área Central de Santiago.

O xoves 16 impartimos unha charla xunto coa IXP Castaña de Galicia a escolares dos colexios San Jorge e Inmaculada La Salle de Santiago de Compostela.

Publicado o martes, Novembro 14, 2017 - 18:18
Chegan as centolas!!

Esta semana comezou a campaña da centola e o boi nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Xa podemos volver a desfrutar deste apreciado marisco das nosas costas que acadará as súa máxima cotización de cara ao nadal. Na provincia de Lugo empezará a súa extracción o vindeiro 3 de decembro.

Publicado o venres, Novembro 3, 2017 - 11:29
Boletín de noticias de Novembro

Xa está dispoñible o boletín de noticias de Novembro coas últimas novidades relacionadas coa nosa marca, próximos eventos nos que participaremos e moito máis. Recorda que si queres recibilo no teu correo electrónico cada mes, podes solicitalo mandando un correo-e a pescaderiasdeondesenon.cmrm@xunta.gal.

Para ver o boletín preme aquí.

Publicado o venres, Outubro 13, 2017 - 10:31
O ourizo de mar regresa ás nosas lonxas

Tras cinco meses de descanso, en outubro comezou de novo a tempada do ourizo de mar. No que vai de mes, xa se fixeron ventas deste saboroso equinodermo nas lonxas de Cangas, Bueu e Baiona, todas elas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Ao longo dos próximos días e meses, comezará a haber extraccións no resto de Galicia. A campaña do ourizo remata normalmente a finais de abril. 

Páxinas