Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o luns, Marzo 5, 2018 - 09:47
Pecha a campaña da vieira

Remata a campaña de extracción da vieira nas rías de Arousa e Pontevedra para garantir a sostibilidade do recurso. Poderemos atopar durante todo o ano no mercado vieira galega conxelada, previamente depurada e eviscerada, con todas as garantías de seguridade alimentaria, certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Publicado o mércores, Febreiro 28, 2018 - 13:05
HQ Seaweed, novo axente certificado

Damos a benvida á empresa HQ Seaweed, que acadou este mes a certificación polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? para a comercialización de algas e equinodermos. Esta entidade, con sede en San Adrián de Cobres (Vilaboa-Pontevedra), dedícase á distribución a nivel mundial de algas comestibles deshidratadas, en salgadura, conxeladas e frescas colleitadas nas Rías Baixas.

Publicado o martes, Febreiro 20, 2018 - 09:12
3ª Edición de Galicia Market Place

O pasado venres 16 de febreiro tivo lugar en Vigo a 3ª Edición de Galicia Market Place, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia. O selo pescadeRías, de onde se non? xunto coa ecoetiqueta pescaenverde estiveron presentes neste certame.

Publicado o martes, Febreiro 13, 2018 - 12:55
Tempada de chocos

O choco está en plena tempada, que comeza normalmente co inverno e dura ata ben entrada a primavera, dependendo das zonas. Podemos atopalo baixo a certificación pescadeRías, ¿de onde se non? en numerosas lonxas galegas, sendo as que máis ventas rexistran Redondela, Cambados, Campelo, Cangas, Bueu, Vilanova de Arousa, Fisterra e Rianxo.

Páxinas