Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o luns, Xullo 3, 2017 - 12:32
Polbo, nécoras e lumbrigante regresan aos mercados

Hoxe veremos de novo nas lonxas polbo, nécoras e lumbrigantes tras rematar o seu período de veda. Artigo en Faro de Vigo.

Publicado o xoves, Xuño 29, 2017 - 13:21
Produtos certificados no Galician Cinema & Food Festival

Esta semana tivo lugar en Nova York o Galician Cinema & Food Festival, o máis importante evento para a promoción de Galicia en EEUU. Polbo de Rosa de los Vientos e algas de Porto-Muíños, certificados polo selo pescadeRías ¿de onde se non?, formaron parte dos pratos preparados polo chef Iván Domínguez con gran éxito entre o público participante.

Publicado o luns, Xuño 19, 2017 - 10:11
Mariscos Inés, novo axente certificado

Temos novo axente certificado en Redondela. A depuradora Mariscos Inés, con máis de 25 anos no sector, acadou a certificación este mes de xuño para o etiquetado de bivalvos, equinodermos e gasterópodos co selo pescadeRías ¿de onde se non? Benvidos!

Publicado o venres, Xuño 16, 2017 - 11:30
Veda centola e boi

Resolución do 9 de xuño de 2017, pola que se aproba o Plan de xestión da centola e boi para a campaña 2017-2018.

Dende o día 17 de xuño de 2017 ás 00:00 horas, non se poderán facer extraccións de boi e centola entre A Guarda e Cabo Estaca de Bares ata as 00:00 horas do 12 de novembro de 2017. No resto da costa galega, entre Cabo Estaca de Bares e a desembocadura do Río Eo, comezará a veda o vindeiro 1 de xullo, as 00:00 horas, e rematará o 3 de decembro ás 00:00 horas.

Páxinas