Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o venres, Outubro 6, 2017 - 12:44
Estivemos en CONXEMAR

Os produtos pescadeRías, ¿de onde se non? estiveron presentes na Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (CONXEMAR), que tivo lugar entre o 3 e o 5 deste mes no IFEVI de Vigo.

Publicado o martes, Outubro 3, 2017 - 14:02
Boletín de noticias de Outubro

Chegou o boletín de outubro, con toda a actualidade. Non te perdas a receita deste mes que é de luxo: “Vieira de Outono” de Miguel González Quintela, chef do Gastrobar Restaurante Sanmiguel, gañadora da III Gala Show Cooking “Mellor cociñeiro de Tapas por Galicia 2016”. 

Preme aquí para ver esta e todas as noticias.

Publicado o martes, Setembro 26, 2017 - 11:42
Showcooking de Lucía Freitas no Mercado do Mar

O pasado sábado, no Mercado do Mar en A Coruña, Lucía Freitas, do Restaurante A Tafona, realizou diferentes preparacións con produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? nun showcooking titulado “Tesouros das nosas Rías”. Os peixes e mariscos empregados foron berberechos, navallas e pinto.

Publicado o xoves, Setembro 21, 2017 - 08:38
Mercado do Mar

Este sábado 23 e domingo 24 estaremos en A Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez, cun posto informativo no Mercado do Mar, enmarcado nas actividades do Festival Mar de Mares. O sábado ás 18:30 terá lugar o showcooking de Lucía Freitas “Tesouros das nosas Rías”, con produtos pescadeRías, ¿de onde se non?. Conservas Currimar, certificadas polo selo, tamén terá un stand nesta feira.

Páxinas