You are here

Related news to PescadeRías

Published on Monday, June 19, 2017 - 10:12
Mariscos Inés, novo axente certificado

Temos novo axente certificado en Redondela. A depuradora Mariscos Inés, con máis de 25 anos no sector, acadou a certificación este mes de xuño para o etiquetado de bivalvos, equinodermos e gasterópodos co selo pescadeRías ¿de onde se non? Benvidos!

Published on Friday, June 16, 2017 - 11:30
Veda centola e boi

Resolución do 9 de xuño de 2017, pola que se aproba o Plan de xestión da centola e boi para a campaña 2017-2018.

Dende o día 17 de xuño de 2017 ás 00:00 horas, non se poderán facer extraccións de boi e centola entre A Guarda e Cabo Estaca de Bares ata as 00:00 horas do 12 de novembro de 2017. No resto da costa galega, entre Cabo Estaca de Bares e a desembocadura do Río Eo, comezará a veda o vindeiro 1 de xullo, as 00:00 horas, e rematará o 3 de decembro ás 00:00 horas.

Published on Tuesday, June 13, 2017 - 12:30
Peche provisional de pesca de raia

Dende a Dirección General de Ordenación Pesquera comunican o peche provisional para a raia coa fin de reservar cota para o resto do ano.

O período de peche vai dende o pasado 10 de xuño ata novo aviso, previsiblemente o último trimestre do ano.

Published on Monday, June 5, 2017 - 09:36
Boletín de noticias de xuño

Xa podes consultar o noso boletín de xuño. Celebramos que superamos os 7.000 fans en facebook, preparámonos para asistir ao Salón de Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA, cita no 18º Congreso de Produtos do Mar en Baiona... e moito máis.

Para velo preme aquí.

Pages